Espectáculo cómico e tráxico para maiores de 14 anos.
A familia dos cómicos italianos I Fratelli Fratellini chega ao noso país coa sua aposta máis arriscada: por vez primeira na história da compañia apresentarán un espectáculo dramático.
Duas xeracións de artistas do mesmo sangue levarán aos palcos unha historia onde o amor morre cedo e a miséria vai cimentando os ocos das relacións familiares.
Unha historia de fracasos e ódios non tan lonxanos como quereriamos pensar